RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges: "Non imos deixar de loitar, nin de seguir cara adiante. Isto segue"

Celso Borges compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Describiu así o día despois da derrota en Eibar: "Perder nunca dá un ambiente positivo. Sempre reflexionamos bastante sobre que foi o que pasou. É fodido para todos. Xa despois, cando entre a semana, pensamos máis no venres, no partido do Betis. Imos analizar que foi o que pasou e ver como podemos mellorar".

Destacou onte a actuación do meta eibarrés Yoel, "que interveu ben" e, nesta liña, mostrouse convencido que "empatando puidémonos levar o partido".

Está seguro que onte en Ipurua o Deportivo saltou ao céspede "coa disposición de loitar, de facelo ben. Despois un golpe anímico como é un gol aos tres, catro minutos, é duro de soportar, é duro de facer un balance positivo ou dicir que se saíu ben cando recibes un gol aos catro minutos".

A pesar desta nova derrota lonxe de Riazor, promete Borges que "non imos deixar de loitar, nin de seguir para adiante. Isto segue".

Asegurou que "non nos pesa" a circunstancia de non gañar aínda fóra de casa. "A todos daríanos unha sensación de alivio o feito de poder conseguila. É unha cuestión meramente anecdótica que pasou. Esperamos revertela. Pero non é algo que nos pese nin nos condicione á hora de xogar". engade.

Con 19 puntos na clasificación, pide o centrocampista branquiazul manter "unha actitude positiva, boa e levalo ao presente, ao día a día. Quedan moitos partidos da segunda volta. Veñen uns meses importantes onde sumar vai ser boísimo e vai determinar como imos acabar no último mes e medio".