O equipo adestrarase esta tarde ás 16:30 en Abegondo
A suspesión do partido de Liga ante o Betis en Riazor motivou a un lóxico cambio de plans para o Deportivo. Así, os futbolistas que estaban convocados para disputar o encontro xa non terán que presentarse ás 13:30 no Hotel Meliá María Pita.
Gaizka Garitano citou a todo o seu plantel ás 16:30 en Abegondo para unha sesión de adestramento.