RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges adestrouse xa esta mañá nunha sesión suave para todo o persoal

Como é habitual dous días antes de cada partido, Pepe Mel rebaixou a intensidade do adestramento para o primeiro equipo, hoxe venres coa novidade de Celso Borges, de regreso tras participar coa selección de Costa Rica nas eliminatorias do Mundial de Rusia 2018, e coa incorporación do fabrilista Edu.

Así, tras unha charla con vídeo, o cadro tivo rondos, fútbol-tenis, estiramentos, ximnasio e masaxe. Só os defensas (centrais e laterais) e os porteiros tiveron exercicios específicos, cara ao encontro deste domingo 2 de abril en Mestalla (18:30, Bein Sports) ante a Valencia CF.

Mañá sábado, o equipo adestrarase en Riazor a porta pechada a partir das 10:30. Ao finalizar, o técnico fará pública a lista de convocados, que viaxarán a Valencia pola tarde.