RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B, con 10 xogadores desde o minuto 31, cae ante o Calasanz B

O Cadete B perdeu en Abegondo (0-2) ante o CD Calasanz B, en partido correspondente á 18ª xornada do grupo norte da liga Galega, primeira da segunda volta.

O encontro estivo marcado pola expulsión do deportivista Álvaro no minuto 31 que, unido á falta de acerto en ataque, achandou ao camiño ao CD Calasanz B.

Con este resultado, o Cadete B mantense na 4ª posición da táboa con 34 puntos.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Álvaro, Gabriel, Eloi, Hugo García, Lombao, Iván, Matos, Xosé e Trigo. Tamén xogaron: Jacobo, Manu e Mella.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao SCD Milagrosa.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0
ED Xuventude de Oroso 1 - Cadete B 1 (Gabriel)
Cadete B 0 - Racing de Ferrol B 1
Cadete B 0 - CD Calasanz B 2