RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calma no Dépor antes do choque decisivo ante o Real Mallorca

O Dépor, hoxe ademais co meta xuvenil Pablo Brea, realizou unha suave sesión de adestramento en Abegondo, como é habitual dous días antes de cada partido, neste caso previsto para o luns 27 de maio en ABANCA-RIAZOR ante o Real Mallorca (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV).

Os futbolistas realizaron rondos, fútbol-tenis e un breve repaso táctico por grupos no campo 3 da Cidade Deportiva. Unha tarefa de finalizacións exclusivamente para os atacantes puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Como é habitual neste tipo de sesións, predominaron os sorrisos e a diversión entre os xogadores antes de afrontar unha das citas crave da temporada.

Mañá domingo, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 11:00 horas.