O Fabril visitará ao Verín o vindeiro domingo ao cinco da tarde
no campo José Argiz no partido correspondente á sexta xornada de Terceira división. Na División de Honra xuvenil, o Deportivo tamén viaxa. Farao a Soria,
para enfrontarse ao Numancia
Xa en categoría cadete, o Deportivo xogará ante a Vitoria, o
sábado ás 12:00 en Meicende. Na liga Galega tamén haberá derbi coruñés. O
Dépor B disputa o seu partido ante o Orillamar o sábado, ás 16:30, no
campo de herba sintético da Cidade Deportiva de Abegondo. Por fin, na liga Galega infantil, o Lugo será o rival do
Deportivo, o sábado ás 12:00 no campo lucense de herba sintética das
Gándaras.