RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Federación fixa para este domingo 7 marzo ás 12:00 o Xuvenil A - RC Celta aprazado en febreiro

O Xuíz de Competición acordou esta tarde que #ONOSODERBI entre o Xuvenil A e o RC Celta, correspondente á 14ª xornada e aprazado o pasado 7 de febreiro por COVID-19, xóguese finalmente este domingo 7 de marzo ás 12:00 en Abegondo.

Hai uns días, a Federación trasladara ao domingo 4 de abril a celebración do partido entre o Ural CF e o Xuvenil A previsto para este domingo 7 de marzo e correspondente á 18ª xornada (última) no subgrupo A da División de Honra.

Os responsables federativos queren que antes desa última xornada, que será con horario unificado ás 12:00, o equipo de Óscar Gilsanz dispute os seus dous partidos aprazados por COVID-19: ante o RC Celta en Abegondo (xornada 14ª) deste domingo e en Redondela fronte ao CD Choco (xornada 15ª). O segundo aínda non ten data para a súa disputa.

Así pois, o amigable deste sábado 6 de marzo ás 16:30 en Abegondo do Xuvenil A ante o Atlético Arteixo de Preferente Autonómica queda suspendido.

A día de hoxe, o Xuvenil A é segundo na táboa con 36 puntos por 37 do RC Celta, equipo que tamén conta con dous partidos suspendidos pendentes de data.

Así pois, o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA para esta fin de semana queda definitivamente así:

Terceira División
19ª xornada: POLVORÍN FC - FABRIL, o domingo 7 de marzo ás 16:00 na Cheda (Lugo)
Clasificación do subgrupo A: ... 5. CSD Arzúa, 26 puntos; 6. Viveiro CF (un partido menos), 24 puntos; 7. Fabril (un partido menos), 22 puntos; 8. Silva SD (dous partidos menos), 20 puntos; 9. SD Fisterra (un partido menos) e Agrupación Estudantil, 16 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, subgrupo A: 1. Deportivo ABANCA B, 29 puntos; 2. Viajes InterRías FF (dous partidos menos) e Victoria CF (un partido menos), 28 puntos; 4. Sárdoma CF, 21 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: JUVENIL A - RC CELTA, o domingo 7 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honor, subgrupo A: 1. RC Celta (dous partidos menos), 37 puntos; 2. Juvenil A (dous partidos menos), 36 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 30 puntos...

15ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL B, o domingo 7 de marzo ás 12:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da liga Nacional, subgrupo A: 1. Xuvenil B, 42 puntos; 2. SD Compostela, 36 puntos...