RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A folga de transporte colectivo podería afectar á terceira quenda do DéporCampus Cabreiroá de Abegondo

A folga do sector do transporte colectivo de viaxeiros en autobús podería afectar novamente aos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo, máis exactamente á terceira quenda, que comezará o vindeiro luns 10 de xullo.

O desprazamento dos participantes podería verse afectado entre o martes 11 e o venres 14, existindo a posibilidade de que os 5 autobuses que cobren as liñas activas non poidan circular ditas xornadas, polo que os participantes no DéporCampus Cabreiroá deberán acudir a Abegondo polos seus propios medios.

No entanto, o RC Deportivo mantense á espera de recibir novas noticias sobre as reunións que se están levando a cabo entre sindicatos, patronal e Xunta de Galicia, co desexo de que se atope unha solución ao conflito e que, desta maneira, o servizo poida recuperar a normalidade.

Aqueles usuarios que solicitasen o uso de transporte na inscrición si poderán facer uso do servizo na xornada do luns 10 de xullo, tanto na ida como na volta da Cidade Deportiva de Abegondo.

A opción de transporte á hora de realizar a inscrición non supón ningún custo adicional ao participante. En caso de non seleccionar devandito servizo, a tarifa do DéporCampus Cabreiroá é a mesma.

Para minimizar as molestias e poder dar cobertura aos adestramentos, todos os técnicos do Club que traballan nesta actividade estarán de 9:00 a 15:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo para levar a cabo a terceira quenda do DéporCampus Cabreiroá, con todos aqueles nenos e nenas que estean presentes nos campos branquiazuis.

Para calquera consulta, os interesados poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500, extensión 2.

O RC Deportivo quere trasladar novamente as súas desculpas polas molestias ocasionadas, por causas totalmente alleas á súa vontade.