RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Fundación RC Deportivo doa 50.000 máscaras para ser repartidas por Cruz Vermella

A Fundación Real Club Deportivo puxo este mediodía a disposición de Cruz Vermella en Galicia un total de 50.000 máscaras para colaborar na loita contra o COVID-19.

A institución branquiazul determinou que sexa unha organización especializada e coa que está a colaborar na captación de recursos para paliar as consecuencias da pandemia, como Cruz Vermella, quen xestione a distribución aos destinatarios finais, a través das súas distintas asembleas locais, deses 50.000 EPIs. As principais organizacións sociais da cidade da Coruña serán as beneficiarias deste material doado pola Fundación Real Club Deportivo.

A vicepresidenta da Fundación Real Club Deportivo, Oliva Figueira, adquiriu persoalmente varios miles de máscaras para polas a disposición da sociedade galega a través de diferentes institucións oficiais. O material de protección, comprado a mediados de marzo, aterrou nas últimas horas en Galicia e, como membro da Fundación, quixo que unha parte dese material, exactamente esas 50.000 unidades, sexan directamente para a Fundación Real Club Deportivo.