RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A OAD pecha a semana con case 10.000 abonados

A segunda semana completa da campaña de abonados 2017-2018 pechouse hoxe cun total de 9.428 deportivistas que xa teñen no seu poder o carné de socio para a nova tempada.

A Oficina de Atención ao Deportivista tramitou hoxe 369 carnés, dos cales 25 foron novas altas e 102 renovacións a través de internet.

O RC Deportivo lembra aos afeccionados que se queren unirse á xente mariñeira no mesmo lugar do Estadio ABANCA-RIAZOR que ata agora, os asentos resérvanse ata o 5 de agosto. O 7 de agosto quedarán liberados todos os asentos dos deportivistas que non renoven o seu abono.

Reserva a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade.

-Socios: cambio de localidade só con cita previa do 7 ao 9 de agosto
-Socios: cambio de localidade sen cita previa: 10 de agosto
-Novas altas: desde o 11 de agosto

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD pechan mañá, domingo, para volver abrir o luns no horario habitual, 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.