RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A pegada do Deportivo ABANCA B tomba ao Sárdoma B

A pegada en ataque do Deportivo ABANCA B foi determinante no triunfo do conxunto deportivista en Ponte dos Brozos (Arteixo) ante o Sárdoma B (5-3), en partido da 12ª xornada da Primeira Autonómica Feminina.

O encontro púxose de cara para as branquiazuis aos 20 minutos, cun 3-0 que parecía decisivo, grazas aos goles de Alba Suárez, Alba Pérez e Ainhoa. Incluso o cuarto gol de Michelle no minuto 51 facía presaxiar unha goleada.

Pero o rumbo do partido cambiou con dous desaxustes defensivos branquiazuis, que meteron ao Sárdoma B no partido: 4-2. Alba Suárez sentenciou no minuto 68 subindo o 5-2 no marcador, aínda que as viguesas, que nunca arroxaron a toalla, recortaron novamente diferenzas case no tempo engadido, até o 5-3 xa definitivo.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é terceiro na táboa con 26 puntos.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Ainhoa, Noe, Sofía, Alba Pérez, Ari, Antía, Alba Suárez, Mar, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Jessi, Lara, Alba Martínez, Lidia e Sara Piñeiro.

A vindeira fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Tordoia.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3