RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A selección española sub-17, con Elena Vázquez, firma ante Países Baixos a súa clasificación para o Campionato de Europa 

-Foto:@rfef.es

 

Elena Vázquez (na foto no centro da imaxe co dorsal 3) confirmou hoxe mércores coa selección española sub-17 a súa clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa que se xogará en Suecia do 5 ao 18 de maio.

O último rival das españolas nesta Rolda 2 de clasificación foi o equipo anfitrión, Países Baixos.

Venceu a selección española (1-3) e esta vez Elena Vázquez seguiu o choque desde o banco.

Por contra, a canteirá branquiazul si participou nos 2 partidos anteriores, saldados tamén con triunfo do combinado nacional.

O pasado domingo ante Ucraína (2-0) a xogadora deportivista substituíu a Amaya no minuto 72.

O xoves 14 ante Turquía (9-0), Elena Vázquez, que acaba de saír dunha lesión muscular, saltou ao campo no minuto 67 en substitución de Alba Cerrato.

Os resultados de España foron os seguintes:

Xoves 14 de marzo
ESPAÑA 9 - TURQUÍA 0

Domingo 17 de marzo
ESPAÑA 2 - UCRAÍNA 0

Mércores 20 de marzo
PAÍSES BAIXOS 1 - ESPAÑA 3

Elena Vázquez regresará á Coruña ao longo de mañá xoves 21 de marzo.