A Ibercup en Cádiz para San Tirso SD Cadete e Infantil abre o maratón de torneos en Semana Santa para ANOSACANTEIRA
A Ibercup, competición que se celebra na localidade gaditana de San Roque, abre esta fin de semana o maratón tradicional de torneos amigables en Semana Santa para #ANOSACANTEIRA.
Debido á participación neste torneo, o Infantil disputou onte o seu partido de liga da División de Honra infantil correspondente a esta xornada ante o AJ Lérez en Abegondo (4-0) mentres que o San Tirso SD Cadete (na foto da noticia) xogará o seu tamén da División de Honra cadete ante o ED Val Miñor Nigrán o vindeiro mércores 3 de abril ás 18:30 en Condomínguez (Nigrán).
O calendario dos dous equipos en Cádiz é o seguinte:
Categoría cadete Primeira Fase Sábado 23 de marzo 17:50: SAN TIRSO SD CADETE - AD OEIRAS
Domingo 24 de marzo 14:20: SAN TIRSO SD CADETE - CD LA SALLE PUERTA REAL 16:40: MILES FC - SAN TIRSO SD CADETE
Segundo clasificación, o San Tirso SD Cadete quedará emparellado en cuartos de final, que se xogará o luns.
Categoría infantil Primeira Fase Sábado 23 de marzo 17:50: INFANTIL - UD ALMERÍA
Domingo 24 de marzo 11:20: INFANTIL - AD OEIRAS
Luns 25 de marzo 10:10: CD LA SALLE PUERTO REAL B - INFANTIL
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros do tres grupos pasan á Fase de Oro; mentres que o resto xogará a Fase de Plata.