RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A semana na OAD pecharase por riba dos 24.000 socios

O RC Deportivo superou amplamente a barreira dos 23.000 abonados ao tramitar na xornada de hoxe venres máis de 700 altas, co que a previsión é de pechar a semana este sábado alcanzando os 24.000 socios.

A Oficina de Atención ao Deportivista expediu este venres un total de 811 carnés. Deles, 758 corresponderon a novas altas e 10 a renovacións a través de internet, para alcanzar un total de 23.786 socios.

Reserva a túa cita se queres facerte novo socio do RC Deportivo, mañá sábado en horario matinal de 10:30 a 13:30 horas e a semana que vén no horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A OAD non abrirá o martes ao ser día festivo.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

As entradas para o partido da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid venderanse desde mañá sábado unicamente no interior da OAD, que abrirá de 10:30 a 13:30 horas. E a partir do luns no horario habitual da OAD, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se poden adquirir entradas para o Deportivo - Real Madrid a través de internet na páxina https://www.rcdeportivo.es/entradas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.