Aberta, de 10:30 a 13:30, a Oficina de Atención ao Deportivista para atender á Xente Mariñeira
A campaña de abonos 2017-2018 pecha hoxe sábado a súa primeira semana completa de venda física. A Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR abrirá as súas portas de 10:30 a 13:30 para atender aos 140 socios que solicitaron cita previa e a todos aqueles que queiran acudir a renovar o seu abono ou sumarse á xente mariñeira.
Ata hoxe despacháronse xa 5.601 carnés do RC Deportivo para a temporada 2017-2018.
Lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxinacitaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.
Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxinaabonos.rcdeportivo.esou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.
Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.esou no teléfono 981 259 500 extensión 1.