RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abertos os despachos de billetes do Pazo dos Deportes ata o comezo do partido

Desde as 11:00 e ata as 20:45, hora de comezo do Deportivo-Villarreal, permanecen abertos de maneira ininterrompida os despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor para poder comprar entradas para o partido fronte aos castellonencos.

Tamén é posible adquirir entradas para a partidos fronte ao FC Barcelona e o Real Madrid da segunda volta do campionato, así como conseguir o abono para todo o que resta de Liga a un prezo inmellorable.

Consulta aquí toda a información referente ás entradas

Consulta aquí toda a información referente aos abonos

Hoxe tamén abre as súas portas a Oficina de Atención ao Deportivista desde as 16:30 horas e ata o comezo do partido para a venda de accións do Deportivo nos últimos días xa da ampliación de capital, así como para atender calquera incidencia que teñan os socios do Deportivo e entregar as entradas a colectivos.