RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Activada a compra de entradas por internet e a piques de alcanzar os 22.000 abonados

O RC Deportivo activou a compra de entradas por internet, co que xa se poden comprar billetes para o encontro da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid por esta vía, nunha xornada na que o número de abonados queda moi preto dos 22.000 socios.

A Oficina de Atención ao Deportivista tramitou este luns un total de 382 carnés. Deles, 196 corresponderon a renovacións a través de internet. Deste xeito, o total alcanza xa os 21.961 abonados para o curso 2017-2018.

Reserva a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade:

-Socios: cambio de localidade só con cita previa, do luns 7 ao mércores 9 de agosto (horario continuo de 10:00 a 20:00 horas)
-Socios: cambio de localidade sen cita previa, xoves 10 de agosto (horario continuo de 10:00 a 20:00 horas)
-Novas altas: desde o venres 11 de agosto (horario continuo de 10:00 a 20:00 horas)

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

As entradas para o partido da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid unicamente venderanse in situ nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Tamén se poden adquirir a través de internet na páxina entradas.abanca.com.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.