RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de recuperación na Casa del Agua, xa con Celso Borges e Fede Valverde

O cadro do primeiro equipo realizou esta mañá un adestramento de recuperación na Casa del Agua da Coruña. Estiveron xa co grupo os dous últimos internacionais en regresar tras o seu paso polas súas respectivas seleccións nacionais: Celso Borges e Fede Valverde, que despois dunha longa viaxe en avión aterraron onte xoves pola tarde no Aeroporto da Coruña.

Esta mañá, ás ordes dos preparadores físicos David Gómez e Julio Hernando, e a única ausencia de Carles Gil, houbo para os futbolistas ximnasio e, a continuación, paso polo spa do complexo coruñés e padiola de masaxe.

Mañá sábado, o equipo adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR nunha sesión a porta pechada que arrancará ás 10:30 horas. Ao finalizar, Pepe Mel dará a lista de convocados para o partido deste domingo 10 de setembro ante a Real Sociedad (12:00 horas, Bein LaLiga).