RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de recuperación para os titulares en Las Palmas

Os futbolistas titulares onte á noite en Las Palmas de Gran Canaria tiveron esta mañá en Abegondo, nada máis baixar do avión de regreso, unha sesión de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Para o resto do plantel, o adestramento foi de alta intensidade, con rondos, un traballo de finalizacións e un partido en espazo reducido para acabar o traballo sobre o céspede.

Bruno Gama completou unha boa parte do adestramento co grupo, do mesmo xeito que os fabrilistas Óscar e Jardel. Pola súa banda, Kakuta e Carles Gil continuaron o seu plan de readaptación deportiva.

O equipo terá agora dous días de descanso (mañá domingo e o luns). Os futbolistas volverán aos adestramentos o martes 24 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo.