RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento esta mañá entre o céspede, o ximnasio e as bicicletas estáticas

Como é habitual o día despois de cada partido, Fernando Vázquez dividiu ao cadro en 2 grupos esta mañá na Cidade Deportiva.

Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante a SD Ponferradina tiveron unha mañá de recuperación entre o ximnasio, as bicicletas estáticas cedidas por Coruña Sport Centre e a padiola dos fisioterapeutas.

Os demais membros do cadro saltaron ao céspede. Após un quecemento, o técnico deportivista dispuxo dun exercicio táctico ataque-defensa e un partido a metade do campo 2, en espazo reducido.

Tiveron adestramento específico Peru Nolaskoain, Keko Gontán, Borja Valle e Eneko Bóveda.

Mañá luns, o Dépor adestrarase ás 12:00 en Abegondo. Ao finalizar, Fernando Vázquez dará a lista de convocados que viaxarán á primeira hora da tarde a Santa Cruz de Tenerife para visitar o Heliodoro Rodríguez López o martes 30 de xuño (19:30 hora peninsular, GOL).