RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento post-partido no Dépor con tarefas de recuperación para un grupo e alta intensidade para outro

Os futbolistas titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante o CD Numancia tiveron esta mañá unha sesión de recuperación en Abegondo.

Este grupo de xogadores, salvo Keko que quedou xa no ximnasio, saltou ao céspede para realizar un quecemento, roldo e carreiras. A continuación completou tarefas de recuperación no vestiario e na sala de fisioterapia.

Para os demais membros do cadro, salvo os lesionados Borja Galán e Derik, o adestramento consistiu nun roldo, unha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá martes haberá xornada de descanso para o Deportivo, que comezará o mércores 21 de abril ás 10:30 en Abegondo a preparar a seguinte cita ligueira no grupo 1D de Segunda División B, no campo de Miramar ante o Marino de Luanco o domingo 25 de abril ás 17:00 horas (Footters).