RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adri Castro regresou aos adestramentos nunha mañá de recuperación para os titulares onte en Guijuelo

Adri Castro reincorporouse esta mañá aos adestramentos do Deportivo. O dianteiro fabrilista estivo illado dez días após ser contacto estreito cunha persoa que deu positivo en COVID-19. Aínda que a súa primeira PCR foi negativa, Adri Castro viuse obrigado a gardar a pertinente corentena, tal e como estipulan as autoridades sanitarias.

Unha vez pasados os dez días, Adri Castro foi sometido de novo a outra nova PCR, sendo tamén negativa, co que recibiu o visto e prace dos Servizos Médicos branquiazuis para volver ao céspede.

Ademais de Adri Castro, hoxe os fabrilistas Juan Rodríguez e Pablo Brea adestráronse ás ordes de Fernando Vázquez, nunha mañá de recuperación para os titulares onte en Guijuelo. Este grupo de xogadores quedaron no ximnasio e pasaron pola padiola dos fisioterapeutas.

Para o resto do cadro, incluídos Claudio Beauvue e Álex Bergantiños, houbo unha sesión de alta intensidade, con rondos, un circuíto físico con finalizacións e fútbol en espazo reducido, para concluír.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o mércores 25 ás 10:30 en Abegondo.