RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ainhoa Marín incorpórase mañá xoves á concentración da selección española Promesas (sub-23)

A xogadora do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín foi convocada pola Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un amigable que terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro ás 18:00 ante Noruega na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Nunha semana con parón ligueiro en Reto Iberdrola, a dianteira deportivista incorporarase á concentración do equipo nacional mañá xoves 25 de novembro. O seu regreso á Coruña está previsto para o martes 30.

Ainhoa Marín colle o testemuño de Eva Dios, que o pasado mes de setembro disputou dous partidos amigables coa selección española sub-20 en Costa Rica.

Cambios na planificación semanal do Dépor ABANCA

Miguel Llorente e o seu corpo técnico modificaron o plan de adestramento semanal para o Dépor ABANCA previsto inicialmente.

Así, o cadro branquiazul adestrarase en Abegondo até o venres incluído e terá a fin de semana de descanso ao non haber liga en Reto Iberdrola debido aos compromisos das seleccións nacionais.

A planificación semanal definitiva é a seguinte:

Mércores 24 de novembro
11:30 h.

Xoves 25 de novembro
11:30 h.

Venres 26 de novembro
11:30 h.

Sábado 27 de novembro
Descanso

Domingo 28 de novembro
Descanso