RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ainhoa Marín mídese a Noruega esta tarde coa Selección Española Absoluta Promesas (sub-23)

A xogadora do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín está concentrada coa Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un amigable hoxe luns 29 de novembro ás 18:00 ante Noruega na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O encontro poderá verse en directo nas canles oficiais da selección española feminina en YouTube, Facebook, Twitter e Twitch.

Nunha semana pasada con parón ligueiro en Reto Iberdrola, a dianteira deportivista incorporouse á concentración do equipo nacional o xoves 25 de novembro e o seu regreso á Coruña está previsto para mañá martes 30.

Ainhoa Marín colle o testemuño de Eva Dios, que o pasado mes de setembro disputou dous partidos amigables coa selección española sub-20 en Costa Rica.