RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ainhoa Marín xogou o tramo final do empate de España Absoluta Promesas ante Noruega

- Foto: @SeFutbolFem -

A xogadora do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín está concentrada coa Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un amigable hoxe luns 29 de novembro ante Noruega na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O encontro finalizou con empate sen goles (0-0) a pesar do maior dominio hispano e das ocasións falladas, algunha moi clara. Ainhoa Marín comezou o partido no banco e saltou ao céspede no minuto 75 en substitución de Eva Navarro.

Nunha semana pasada con parón ligueiro en Reto Iberdrola, a dianteira deportivista incorporouse á concentración do equipo nacional o xoves 25 de novembro e o seu regreso á Coruña está previsto para mañá martes 30.

Ainhoa Marín colleu o testemuño de Eva Dios, que o pasado mes de setembro disputou dous partidos amigables coa selección española sub-20 en Costa Rica.