RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex entra en #ANOSAHISTORIA ao alcanzar os 200 partidos como deportivista

Álex Bergantiños entra hoxe de cheo en #ANOSAHISTORIA ao converterse no 46º dos preto de mil futbolistas que disputaron algún partido oficial co RC Deportivo que alcanza os 200 encontros defendendo a camiseta branquiazul.

Pasaron pouco máis de 7 anos do seu tardío debut co primeiro equipo deportivista, pois antes de dar o salto foi cedido a Xerez durante dúas campañas, mentres que noutra máis estivo a préstamo no Granada e o Gimnàstic de Tarragona. Álex estreouse co Dépor con 26 anos, o 27 de agosto de 2011, en partido de Segunda División en Riazor ante o Recreativo de Huelva (1-0).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Álex, en acción durante su primer encuentro oficial con la camiseta blanquiazul -

Con anterioridade, Álex disputara diversos amigables co primeiro equipo. O primeiro deles remóntase ao 29 de marzo de 2005, cando o Dépor mediuse ao Atlético Arteixo (6-0) en Riazor nun choque benéfico para recadar fondos para o conxunto branquivermello debido á súa precaria situación económica.

Álex viviu dous ascensos á máxima categoría e un descenso á división de prata. Ademais, asinou 8 goles, algún deles histórico como os logrados no Camp Nou (2-2) na Temporada 2015-16 e un curso despois na vitoria ante o Barcelona en Riazor (2-1).

A pesar das habituais cesións, a última elas durante a campaña pasada ao Sporting de Gijón, Álex pertence á disciplina deportivista desde que ingresou no Club sendo xuvenil, en 2002. Desde a súa chegada procedente do Imperátor son xa 17 temporadas como branquiazul. En 4 delas (2004-2008) formou parte do Fabril, co que disputou 152 partidos que o converten no 11º xogador que máis encontros disputou na historia do filial.

Máis aló das súas actuacións co Deportivo e o Fabril, Álex demostrou ser un exemplo de responsabilidade fóra do campo e de compromiso e limpeza dentro del. Isto último demóstrao o feito de que nos seus máis de 350 partidos no fútbol profesional nunca viu unha cartolina vermella.

Ademais, Álex é o noveno futbolista nado na Coruña que alcanza as 200 aparicións co equipo da súa cidade. Con anterioridade fixérono Juan Acuña, Jorge, Loureda, Pedrito, Manolete, Ponte, Chao e Chacho.

Para elaborar esta lista, o RC Deportivo toma en conta calquera encontro no que o xogador saltase polo menos un minuto ao terreo de xogo co primeiro equipo en Liga –xa sexa en Primeira, Segunda, Segunda B ou Terceira–, Copa de España, Supercopa de España, Copa da Liga, promocións entre Primeira e Segunda e entre Segunda e Terceira, Liga de Campións, Recopa de Europa, Copa da UEFA, Copa Intertoto e Campionato de Galicia –disputado entre 1917 e 1940–, ademais de calquera partido anterior a 1917 a pesar de non ser considerados oficiais.

Estes son os 46 futbolistas que disputaron máis de 200 partidos oficiais co RC Deportivo:

  Xogador Partidos Anos
1 Fran 700 1987-2005
2 Manuel Pablo 482 1998-2016
3 Mauro Silva 459 1992-2005
4 Valerón 422 2000-2013
5 Donato 393 1993-2003
6 Sergio 383 2001-2010
7 Juan Acuña 380 1937-1955
8 Piña 340 1973-1983
9 Pancho García 331 1975-1985
10 Domínguez 327 1960-1971
11 Vicente 325 1980-1989
12 Jorge 323 1977-1991
13 Loureda 319 1962-1974
14 Romero 306 1998-2006
15 Silvi 305 1980-1988
16 Guimeráns 304 1937-1950
17 Scaloni 301 1997-2006
18 Traba 297 1975-1977 / 1978-1988
19 José Luis 291 1978-1987
20 Víctor 288 1999-2006
21 Naybet 284 1996-2004
22 Alfonso Castro 280 1973-1982
23 Ballesta 278 1974-1985
24 Djukić 271 1990-1997
25 Pedrito 262 1936-1938 / 1939-1950
26 Tristán 254 2000-2006
27 Belló 253 1968-1977
28 Manolete 250 1964-1972
29 Capdevila 247 2000-2007
30 Richard 245 1972-1980 / 1985-1987
31 Reboredo 242 1933-1937 / 1939-1947
32 Lopo 237 2006-2011 / 2013-2016
33 Molina 235 2000-2006
34 Gil 234 1985-1991
35 Ponte 233 1945-1954 / 1959-1961
36 Chao 232 1939-1949
37 José Ramón 230 1987-1995 / 1998-1999
38 Riki 226 2006-2013
39 Duscher 223 2000-2007
40 Laure 213 2007-2017
41 Veloso 211 1958-1965
42 Luis 207 1968-1976
43 Chacho 205 1929-1935 / 1936-1944 / 1945-1946
44 Moreno 204 1981-1986
45 Nando 201 1992-1998
46 Álex Bergantiños 200 2011-2017 / 2018-2019