RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex, futbolista do Dépor Genuine, dirixe a un equipo de #anosacanteira no Día Mundial da Discapacidade

Como cada 3 de decembro hoxe celébrase o Día Internacional da Discapacidade. Para visibilizar esta efeméride, Álex, un dos xogadores do Dépor Genuine, tivo a oportunidade de ser o adestrador dun dos equipos da Nosa Canteira.

Concretamente foi o Benxamín branquiazul o que durante a xornada de hoxe a recibido o reforzo técnico do futbolista branquiazul durante a súa sesión de traballo no campo 8 da Cidade Deportiva de Abegondo, nunha xornada inesquecible para Álex, o corpo técnico e os xogadores do equipo Deportivista.