RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alta intensidade con fútbol en espazo reducido na Magdalena

O Deportivo realizou esta mañá o seu último adestramento no campo da Magdalena de Vilalba.

Foi unha sesión de alta intensidade, no que a tarefa principal foi un torneo de partidos en espazo reducido, co cadro, incluídos os fabrilistas Edu Expósito e Francis, dividido en tres equipos. Pepe Mel foi o árbitro.

Tan só Carles Gil estivo á marxe do grupo. O atacante valenciano segue con Fran Molano o seu plan específico de readaptación. Hoxe, por exemplo, xa entrou no roldo co equipo que estaba a agardar a súa quenda para xogar.

Coa sesión matinal de hoxe ponse o punto e final á concentración de pretemporada no hotel Attica 21 de Vilalba; posto que mañá venres á primeira hora, o Dépor porá rumbo a Tenerife, para disputar este sábado 12 de agosto ante o CD Tenerife (20:30 -21:30 horas na península-) o último amigable do verán, con motivo do XLVII Trofeo Teide.