RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alta intensidade con fútbol en espazo reducido no adestramento diario do Deportivo

O Deportivo adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo nunha sesión de alta intensidade.

Un exercicio de presión e un torneo de partidos en espazo reducido foron as tarefas principais.

Os fabrilistas Edu Expósito, Francis e Gaizka estiveron hoxe ás ordes de Pepe Mel. Só traballou á marxe do grupo Carles Gil, cun adestramento específico.

Faltaron os internacionais (Schär, Fede Valverde, Borges, Andone e Tytoń), e ausentouse Saúl, con permiso da Dirección Deportiva.

Mañá venres, a partir das 9:30 horas en Abegondo, o equipo realizará a última sesión desta semana sen fútbol ligueiro, debido aos compromisos das seleccións nacionais. O sábado 2 e o domingo 3 haberá descanso para o primeiro cadro.