Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita amigable ao longo desta semana.
Así, o Fabril, líder da Terceira División, xogará este mércores 15 de marzo un partido amigable no campo de O Pinar en Vizoño (Abegondo) ante unha Selección de Cambre.
Pola súa banda, o Alevín A, mañá martes 14 de marzo a partir das 19:00 horas, disputará un torneo cuadrangular de fútbol oito en Abegondo coas Seleccións da Coruña, Santiago e Ferrol como rivais. Serán partidos de 25 minutos de duración.