RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSAFORZA + #OSNOSOS: Imos todos a ascender!

Após os dous últimos partidos, co ambiente vivido nas bancadas e as vitorias logradas no campo, quedou claro o que quere todo o deportivismo sen fisuras: unir as súas forzas para conseguir o único e común obxectivo ¡Imos todos xuntos a ascender!

De aquí a final de temporada necesitámosvos a todos en cada partido e necesitamos que sumedes todos os apoios posibles para conseguilo.

Por iso, o Real Club Deportivo quere agradecer ese apoio constante e esa forza desde as bancadas a todos os seus seguidores, e especialmente aos que nos dous últimos meses, o máis complicado do que vai de temporada, demostraron esa convicción.

Ademais deste agradecemento público, o Club quere ter un detalle cos SOCIOS #DEPORTIVISTAS que non se perderon ningún do catro últimos partidos en ABANCA-RIAZOR. Todos os socios do Dépor que acudisen co seu carné aos partidos fronte a Numancia, Zaragoza, Lugo e Albacete, así como os 1.100 #DEPORTIVISTAS que estiveron a pasada fin de semana en Xixón, teñen á súa disposción na Oficina de Atención ao Deportivista unha invitación para o Dépor-Tenerife do sábado ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR.

Os socios deportivistas recibirán no teléfono móbil que figura nas bases de datos do Club o aviso desta promoción, mentres que os seguidores que viaxaron a Xixón poden pasarse pola Oficina de Atención ao Deportivista onde o seu nome estará nas listaxes xeradas polo Club e a Federación de Penas para a viaxe a terras asturianas.

Todos eles poden retirar a súa entrada de invitación no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. mércores, xoves e venres. O sábado, día de partido, poden retiralas desde as 11:00 e até as 18:00 horas. Recoméndase aos #DEPORTIVISTAS retirar as súas entradas canto antes para evitar esperas e colas de última hora.