Anquela cita a 19 xogadores para viaxar mañá sábado á primeira hora a Huesca, vía Barcelona
Juan Antonio Anquela citou a 19 futbolistas para desprazarse mañá sábado á primeira hora da mañá a Huesca, vía Barcelona, para visitar o domingo 25 de agosto o estadio de El Alcoraz (19:00 horas, Movistar LaLiga e Gol), en choque correspondente á 2ª xornada en LaLiga SmartBank.
O equipo realizará ese mesmo sábado 24 de agosto unha última sesión de adestramento na propia cidade de Huesca.
O regreso á Coruña será por estrada nada máis finalizar o encontro. Á chegada, o Dépor adestrarase en Abegondo, sobre as 8:00 horas do luns 26 de agosto.
O plan de viaxe é o seguinte:
Sábado 24 de agosto 11:45: Saída do voo de Santiago con destino Barcelona 13:30: Chegada aproximada ao Aeroporto de Barcelona 15:30 (hora aproximada): Saída en autocar a Huesca 18:30 (hora aproximada): Chegada a Huesca e adestramento no campo IES Pirámide Aloxamento no hotel Abba Huesca
Domingo 25 de agosto 19:00: SD Huesca - Deportivo, en El Alcoraz Ao finalizar, regreso en autocar á Coruña