RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Apaixonante xornada desde mañá xoves en #ANOSACANTEIRA, ante rivais directos para varios equipos

A espléndida xornada en #ANOSACANTEIRA arrinca mañá xoves, coa visita do Infantil B ao Laracha, en encontro correspondente á 28ª xornada na Primeira Autonómica, grupo 1º.

O domingo 11 será o día grande, entre Abegondo e Ponte dos Brozos (Arteixo).

Ás 12:00 horas, o Fabril recibe ao Navalcarnero coa misión de arrebatar a praza de play off de ascenso que ostenta precisamente o equipo madrileño: 48 puntos suma o Navalcarnero, cuarto; por 47 puntos o Fabril, quinto clasfiicado.

Os socios deportivistas teñen acceso gratuíto. A entrada de público sénior vale 10 euros (3 euros para os menores de 16 anos).

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, ven as caras na Cidade Deportiva o Xuvenil A e o Sporting de Gijón, co título da División de Honra en xogo.

Ao partido, e a falta de 5 xornadas para o final, preséntase como líder o equipo branquiazul que prepara Rubén Coméndez con 59 puntos, por 58 o conxunto xixonés.

Pero é que na seguinte xornada, o Xuvenil A renderá visita ao Celta, terceiro agora con 55 puntos.

Para este partido na Cidade Deportiva, os socios teñen libre acceso. A entrada de público custa 3 euros.

Ás 18:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo), o Deportivo ABANCA B, terceiro na clasificación da Primeira Autonómica Feminina con 51 puntos e 1 partido menos, mídese ao Atlético Arousana, segundo con 52 puntos. Neste caso, a entrada é gratuíta para os afeccionados.

Finalmente o sábado, o Alevín A enfróntase en Abegondo (12:30) ao Lugo A, rival directo na loita polo título do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

Tamén xogan na Cidade Deportiva o sábado o Cadete B (11:00) e o Infantil A (10:45). Para estes dous últimos partidos, os socios teñen entrada gratuíta; e para o público a entrada custa 3 euros.

Fóra de casa, Xuvenil B e Cadete A visitan ao Lugo, ambos o domingo 11 de marzo ás 12:00.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
29ª xornada: FABRIL - NAVALCARNERO, o domingo 11 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 53; 2. Rayo Majadahonda, 52 puntos; 3. Rápido de Bouzas, 50 puntos; 4. Navalcarnero, 48 puntos; 5. Fabril, 47 puntos; 6. Atlético de Madrid B, 45 puntos...

Categoría feminina
23ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO AROUSANA, o domingo 11 de marzo ás 18:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación: 1. Valladares, 62 puntos; 2. Atlético Arousana, 52 puntos; 3. Deportivo ABANCA B (un partido menos), 51 puntos; 4. Viajes InterRías FF (dous partidos menos), 48 puntos...

Categoría xuvenil
26ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o domingo 11 de marzo ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 59 puntos; 2. Sporting de Gijón, 58 puntos; 3. Celta, 55 puntos...

25ª xornada: LUGO B - XUVENIL B, o domingo 11 de marzo ás 12:00 no campo da Fonte (Lugo)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Racing de Ferrol, 49 puntos; 4. Victoria, 47 puntos; 5. Xuvenil B, 46 puntos, 6. Lugo B, 34 puntos...

Categoría cadete
25ª xornada: LUGO - CADETE A, o domingo 11 de marzo ás 12:00 no campo Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 67 puntos; 2. Cadete A, 59 puntos; 3. Pabellón, 46 puntos...

25ª xornada: CADETE B - DUMBRÍA, o sábado 10 de marzo ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 4. Viveiro A, 46 puntos; 5. Cadete B, 45 puntos; 6. Lugo B, 42 puntos...

Categoría infantil
8ª xornada: INFANTIL A - SAN TIRSO, o sábado 10 de marzo ás 10:45 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Celta, 21 puntos; 2. Infantil A, 18 puntos; 3. Ourense e Calasanz, 12 puntos...

28ª xornada: LARACHA - INFANTIL B, o xoves 8 de marzo ás 19:00 no Municipal de Laracha
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 62 puntos; 2. Orillamar, 60 puntos; 3. Victoria B, 54 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ALEVÍN A - LUGO A, o sábado 10 de marzo ás 12:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Lugo A (un partido menos), 9 puntos...

Amigable, xogado onte martes: ALEVÍN B 7 (Eli -2-, Xenxo, Jairo, Vergara, Samuel e Dani) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 4
7ª xornada: CP ESCLAVAS - ALEVÍN B, o sábado 10 de marzo ás 13:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido menos) e Obradoiro, 12 puntos; 3. Peñarredonda, 5 puntos...

Categoría benxamín
Amigable, xogado hoxe mércores: BENXAMÍN A 10 (Leandro, Diego -3-, Xabi, Balbás -3-, Guille e Iago) - PAIOSACO H. AÑÓN B (alevín) 1
10ª xornada: CALASANZ A - BENXAMÍN A, o sábado 10 de marzo ás 12:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A, 27 puntos; 2. Ural A, 22 puntos...

18ª xornada: BENXAMÍN B - BETANZOS B, o sábado 10 de marzo ás 12:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 48 puntos; 2. Calasanz C, 40 puntos...