RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazado o partido do Fabril este domingo en Arzúa

O partido do Fabril no campo do Viso ante o CSD Arzúa, previsto para este domingo 31 de xaneiro, foi suspendido por un caso positivo de COVID-19 no filial deportivista, detectado xa a semana pasada.

Informadas as autoridades sanitarias, esa persoa así como os seus contactos estreitos atópanse en situación de illamento desde hai uns días.

Agora será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data para a celebración deste encontro correspondente á 15ª xornada no subgrupo A de Terceira División, "nunha nova data o máis próxima posible no tempo".

O filial deportivista marcha na quinta posición con 21 puntos, a cinco puntos da cabeza que ostenta o UD Somozas, líder con 26.