RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Aprazado polo temporal o partido do Dépor ABANCA B ante o Milagrosa

O partido pertencente á 14ª xornada de Primeira Autonómica Feminina que tiña previsto disputarse en Ponte dos Brozos (Arteixo) entre o Deportivo ABANCA B e o SCD Milagrosa foi aprazado pola Federación Galega de Fútbol debido ao temporal que azouta Galicia durante a xornada dominical de hoxe 10 de decembro.

Nos próximos días, a Federación Galega proporá unha nova data para a celebración do encontro.

O conxunto deportivista é terceiro na clasificación con 29 puntos. Só superan ao Deportivo ABANCA B na táboa o Atlético Arousana (segundo con 37 puntos) e o Valladares (líder con 39 puntos).

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)
Deportivo ABANCA B - SCD Milagrosa (aprazado polo temporal)