RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arteixo súmase aos DéporCampus Cabreiroá, do 28 de xuño ao 2 de xullo

O DéporCampus Cabreiroá de Arteixo 2021 foi presentado hoxe mércores 2 no campo municipal de fútbol de Ponte dos Brozos.

Será a primeira edición deste DéporCampus Cabreiroá que levarase a cabo entre os días 28 de xuño e 2 de xullo nas instalacións onde tivo lugar a presentación, en colaboración co Club Atlético Arteixo e o Concello de Arteixo.

Á presentación asistiron Jose María Sánchez Novo, tenente de alcalde do Concello de Arteixo; Marcos Docampo, técnico de deportes do Concello de Arteixo; José Fuentes, director deportivo do Atlético Arteixo; Fran González, director de fútbol base do RC Deportivo; Joel Junior García, adestrador do Atlético Arteixo; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Arteixo e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 24 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.