RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas descansan até o vindeiro martes 14

As Nosas gozarán unha fin de semana libre posto que xa non hai competición oficial até a temporada que vén, de regreso á liga F, máxima categoría do fútbol feminino nacional.

O Dépor ABANCA alternou esta semana traballo no ximnasio e no campo 5 da Cidade Deportiva durante 3 días cunha actividade de remo pola Ría da Coruña o pasado mércores en colaboración co Club de Regatas Salgado Perillo.

Irene Ferreras citou de novo aos seus futbolistas en Abegondo o martes 14 para arrincar unha nova sesión de traballo a partir das 10:00.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK