RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aumento de postos de atención a Deportivistas, con cita previa para todos os trámites

Dada a gran demanda de xestións a realizar na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) desde este luns, coa posibilidade de dar de alta novos abonos para a Temporada 2021-2022, o RC Deportivo habilita todos os postos dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista para axilizar os trámites e poder atender a un maior número de persoas por día. Por ese motivo, amplíanse tamén o número de franxas horarias, dentro do horario habitual da Oficina, para poder solicitar Cita Previa.

Calquera trámite que se queira realizar na OAD a partir de mañá martes (altas, cambios de localidade, renovacións...) hai que realizalo con Cita Previa obrigatoria en citaprevia.rcdeportivo.es

Se algún Deportivista adianta unha cita que xa tivese pechada a unha das novas franxas dispoñibles, rógase que, por favor, anule a anterior na ligazón que pode atopar na mensaxe de confirmación de cita que se lle enviou no seu día cando a solicitou para que outros Deportivistas poidan dispor dela para sumarse tamén a #anosaforza ou realizar a xestión que desexe.

O horario de apertura da OAD continúa sendo de luns a venres de 10:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:00 h.

Lembrar tamén que hai unha serie de xestións que se poden realizar comodamente desde calquera lugar a través de dispositivos móbiles e a calquera hora do día pulsando nas seguintes ligazóns:

Renovación abonos 

Alta Nen@ Dépor

Alta Soci@ Amig@

Alta Mascota Deportivista