RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Galán, baixa onte por gastroenterite, traballou esta mañá con normalidade

Borja Galán foi a novidade no adestramento desta mañá do Deportivo en Abegondo. O atacante branquiazul traballou co grupo con total normalidade após ser baixa onte por gastroenterite.

Así pois, Fernando Vázquez ten á súa disposición a todo o seu cadro, excepto Fede Cartabia e Gerard Valentín, con adestramento específico no ximnasio e sobre o céspede; e Uche e Celso Borges, con permiso.

Hoxe, o técnico deportivista concedeu especial importancia ao balón, con rondos e un partido a tres cuartas partes do campo 3; e acurtou a duración da sesión, que non pasou da hora e media fronte ás dúas horas habituais nos últimos días.

A mañá completouse cun circuíto preventivo nun dos campos de fútbol 7, supervisado polo readaptador, Fran Molano.

Mañá venres, o Dépor pecha a semana de traballo cun adestramento ás 10:00 horas.