RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez deixa para mañá venres, día de partido, a convocatoria para recibir á SD Logroñés

Borja Jiménez decidiu deixar para mañá venres 1 de outubro, día do partido ante a SD Logroñés en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Footters), a lista de convocados do RC Deportivo para enfrontarse ao conxunto rioxano.

O técnico deportivista citou ao seu cadro de novo mañá ás 11:00 en ABANCA-RIAZOR para unha última sesión de activación e ao concluír si fará pública a lista dos elixidos para este encontro correspondente á 6ª xornada en Primeira RFEF Footters.

En rolda de prensa, aclarou que se trata de "unha semana moi cortiña onde tivemos que ir manexando as cargas dos xogadores que participaron e os que non. Tivemos algúns xogadores cun virus típico destas datas pero tranquilos. Unha semana máis. Para min non hai moita diferenza cando se gaña que cando se perde. Hai que ser sempre lineal para que o xogador detecte que non pasa nada nin por gañar nin por perder".

Na sesión desta mañá no estadio, a porta pechada, os futbolistas disputaron un partido a tres cuartas partes de campo, un exercicio táctico de movementos ofensivos e, para concluír, ensaio de accións a balón parado.

Os únicos xogadores á marxe do grupo foron Pablo Trigueros e Jorge Valín, ambos con adestramento específico. Trilli realizou a primeira parte co resto dos seus compañeiros tal e como está pautado polos Servizos Médicos, para continuar daquela a sesión no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Con Yeremay de regreso co Xuvenil A de o debut na UEFA Youth League, Noel e Brais Val foron a representación de #ANOSACANTEIRA no adestramento de hoxe.