RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez lembra que "levamos oito, nove partidos seguidos sen perder entre Liga e Copa e iso significa que o equipo fai cousas ben"

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa da Malata, respecto ao penalti sinalado a favor do Racing de Ferrol, que "desde onde estamos nós é imposible que poida velo. Álex dime que non o toca, pero non o sei. Os mozos estaban un pouco mosqueados coa designación, pero xa sabedes que os árbitros... Nou teño nin idea. Pode non ser penalti e logo pode ser gol. Non o sei. Desde onde estou non podo opinar. Vístelo vós mellor. Eles (os árbitros) tentan non equivocarse, pásanos a todos igual, pero ás veces equivocámonos. Respetarlles e tentar axudarlles, como digo sempre". Asegura que cre "moito no seu labor. Ademais un árbitro novo como o de hoxe o que tentará é facelo ben para poder promocionar. Non creo que teña moita influencia".

Sobre o encontro, indicou que "estivemos moi incómodos en todas as fases. Non atopamos o noso fútbol, salvo quizais o último tramo da primeira parte, do vinte até o final coa situación de Miku. Pero non fomos o equipo dominador que somos outras veces. Nou atopamos a pelota ben situados para poder xogar cara a adiante. Custounos. Estivemos moi imprecisos no inicio e cando xa o balón non sae limpo desde o inicio, atopas poucas veces a Willian, a Quiles. E custounos".

O técnico deportivista non cre que o Dépor acusase o esforzo copeiro nin está preocupado por non ver porta na Malata: "Hai pouco falabamos de que eran os mellores dianteiros. Seguen sendo os mesmos. En Copa fixemos catro. O día do Bilbao Athletic fixemos un e tivemos opcións. Hoxe non tivemos máis nada que a de Miku, que me parece clara. Pero hai que seguir. Hoxe xeramos pouco volume porque estivemos mal desde a base. Non é cousa dos dianteiros. Hai que traballar. Está claro que hoxe estabamos máis cansos, os propios xogadores dicíano, pero o rival tamén e estivo máis preciso que nós".

Nesta liña, sostén que até a xogada do penalti "o partido foi unha ocasión deles na primeira parte que para Ian un pouco co pé e a nosa de Miku. Pero foi un partido de moita imprecisión, de transicións, que parecía un partido máis aberto pero tampouco desde o meu punto de vista sentímonos acosados. Moito centro lateral tampouco houbo. Non recordo grandes intervencións. Foi un partido feo e nos partidos feos os equipos bonitos senten incómodos".

Borja Jiménez non está satisfeito co punto rabuñado ante o Racing de Ferrol "porque me gusta gañar, se non gaño, non podo estar nunca satisfeito. Tamén son consciente de que cando non estás ben e tes a capacidade de non perder podes sacar algún punto positivo: son oito, nove partidos seguidos que levamos sen perder entre Liga e Copa e iso significa que o equipo fai cousas ben, aínda que hoxe non estivésemos tan ben como outros días".

Explica que o cambio de Villares por Yeremay na segunda metade foi "porque non estabamos cómodos con tres por dentro. Quixemos dar un paso máis con dúas referencias arriba, con dous extremos abertos de pouco traballo defensivo pero si desequilibrantes para tentar xa só co posicionamento poder afundirlles un pouco máis. Algunha situación con Yeremay xa atopamos máis con Héctor... Pero foi un partido de moita transición, onde nós tampouco estamos moi cómodos. Estábamos mal e quitamos xogadores defensivos para sacar ofensivos a ver se así lle dabamos a volta".

Sobre o recibimento ao equipo na Malata dunha nutrida representación de #ANOSAFORZA dixo que "é a hostia. Vólveseme a pór a pel de galiña porque é xente que vén, desprázase, a viaxe cústalles, probablemente non entrasen, será xente que teña os seus problemas diariamente pero cando xoga o Deapor esquécense de todo. É incrible, están fóra de categoría. Pedirlles desculpas por non conseguir os tres puntos. Deixamos todo o que tiñamos no campo e a seguir traballando para que sentan orgullosos do que facemos".

Queixouse ademais de que na semana de Copa, o rival do Dépor na última xornada de liga de 2021, a CyD Leonesa, "volve ter un día máis de descanso e iso é o que non nos parece xusto, e máis nestas categorías nas que non estamos afeitos xogar entre semana. É o único que dixemos, que se o noso rival xoga o mércores, xogar nós o mércores ou que eles xogasen o xoves. Pero ten que ser así. Prepararemos agora ben o partido do Valladolid en ABANCA-RIAZOR, que #ANOSAFORZA merécese que demos un bo espectáculo e gañar. E logo xa pensaremos en Copa, en León e posteriormente no Nadal".

Finalmente, cos números na man, neste últimos cinco partidos de liga sostén o técnico branquiazul que "fixemos once puntos de quince. As miñas contas andaban con dez de cada quince. Estamos por encima. Temos 31 deses 45 posibles que se podían até agora. Non é mala puntuación porque levamos moitos puntos. Fixemos tres vitorias e dous empates. Oxalá haxa moitos ciclos destes. Se tenemos esa regularidade cada cinco partidos conseguiremos o noso obxectivo".