RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez sobe as revolucións do Dépor cunha intensa e longa sesión de traballo

Borja Jiménez incrementou esta mañá as revolucións do Dépor de cara á visita ao Real Unión de Irún prevista para o sábado 9 de outubro ás 17:00 horas no Stadium Gal, correspondente á 7ª xornada en Primeira RFEF.

Así, após un quecemento, o técnico deportivista dividiu ao seu cadro en dous grupos. Mentres un completaba un circuíto supervisado polo preparador físico Luis Fandiño; o outro grupo realizaba unha tarefa táctica con porterías pequenas no Campo 2.

Xa todos xuntos, o corpo técnico fixo especial fincapé nun exercicio de posesión no Campo 3. Aínda planean os últimos minutos do partido do pasado venres en ABANCA-RIAZOR ante a SD Logroñés que desembocaron no gol rioxano do empate na última acción do partido. "Non podemos defender seis minutos centros laterais", admitiu ao acabar en rolda de prensa Borja Jiménez, que sempre considera que o Dépor "debe crecer co balón".

A xornada arrincou para o cadro na sala de vídeo e concluíu no céspede cun torneo de partidos en espazo reducido, tamén de alta intensidade.

En total foron case dúas horas de adestramento en campo en quizais a sesión máis dura desta semana.

Pablo Trigueros e Valín adestráronse á marxe do grupo; e Yeremay, Noel, Alberto, Dani Barcia e Juan Rodríguez foron a representación de #ANOSACANTEIRA esta mañá no primeiro equipo.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30 horas, co obxecto de ultimar o plan de partido de cara ao atopo fronte ao conxunto irundarra.