RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle pide "levantar a cabeza" e Eneko Bóveda asegura que o equipo "ten fe e unión"

Borja Valle e Eneko Bóveda foron os protagonistas na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O atacante berciano afirma que non quere pensar na salvación: "Temos que seguir sendo ambiciosos e seguir crecendo".

Admite que a confianza agora mesmo "é mínima. Cada erro se magnifica, penalízanos. Tentámolo e non dá saído. Dóeche porque estás a loitar 90 minutos e á mínima vólveseche a escapar".

Insiste en que "o único que queda é tentar facer as cousas ben, seguir corrixindo erros, levantar a cabeza".

Borja Valle indica que "peor non pode saír. Estamos abaixo de todo. Temos que dar ese impulso para arriba, corrixir miles de erros que temos, sumar dunha vez e xa está".

Un dos capitáns do Dépor subliña que "na miña cabeza non entra a palabra renderme e moito menos nesta situación. O que tento cada día é animar, axudar, levantar á xente. Isto é moi bonito o que estamos a vivir. É fodido pero somos uns privilexiados, que temos que gozalo cada día. Canto máis gocemos, mellor van saír as cousas".

Pola súa banda, Eneko Bóveda sostén que se mellora "desde a unión, a fe no colectivo, no que lidera ese colectivo que é o adestrador. Nese sentido o equipo está ben, ten fe e unión. Con iso só non vale está a verse. Se tivese unha receita máxica tería un posto máis importante neste Club. Como non a teño e ademais son xogador, tócame ser humilde, analizar os meus erros e o martes tentar facer o mellor adestramento que un poida facer".

O lateral deportivista, ante dous partidos seguidos agora lonxe de ABANCA-RIAZOR (en Santander e Fuenlabrada), apunta non obstante que "eu xogaría os 42 aquí. Cando non saen as cousas un asume que che van a poñer un pouquiño peor os xornais, non vanche a animar tanto en campo, non vas ter ese aplauso cada vez que toques a pelota. Pero eu prefiro xogar en casa".

Bóveda lembra que "os xogadores que viñeron este verán aquí, que son a inmensa maioría do equipo, viñeron rexeitando equipos que agora mesmo parecen mellor equipo que nós. E eran a opción A ou B de equipos que agora parecen mellores. Os xogadores son bos. Non se pode quitar o carné de futbolista a ninguén por un partido, 8 ou 10. ¿Despois como se explican algúns rendementos que temos? É unha cousa que se ve en 1.000 equipos e a explicación é difícil".