RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con despedida para o Fabril

Nova semana de competición esta fin de semana para #ANOSACANTEIRA, con todos os partidos repartidos esta vez entre o sábado e o domingo.

O Fabril xogará o seu último encontro da temporada en Vigo ante o Rápido de Bouzas, con resultado intranscendente de cara á clasificación. Será o domingo 9 de maio ás 18:00 no campo Baltasar Pujales.

Tamén volve á competición o Deportivo ABANCA B, que visita ao Oviedo Moderno CF B o sábado 8 de maio ás 17:00.

Ten parón ligueiro o Xuvenil A (División de Honra) e ademais esta fin de semana tamén tocou descanso na súa xornada para o Cadete B no subgrupo A norte da Liga Galega e o Infantil B na Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

Cadete A e Infantil A compiten na Coruña no campo Víctor Fernández Alonso (antigo campo da Leyma) ante Victoria CF (domingo ás 12:30) e Ural Español CF (sábado ás 16:30) respectivamente.

Finalmente, o partido do Xuvenil B en Vigo ante o Coruxo FC, previsto para este sábado 8 de maio e correspondente á 4ª xornada da Liga Nacional, grupo C de ascenso, foi aprazado debido a un caso de COVID-19 no vestiario deportivista.

Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

Por este mesmo motivo foi tamén aprazado o encontro da 3ª xornada en Abegondo entre o Xuvenil B e o CD Areosa do pasado 1 de maio.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
6ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 9 de maio ás 18:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación do grupo play off de ascenso: 1. Racing Villalbés, 44 puntos; 2. CD Estradense, 43 puntos; 3. CD Choco, 42 puntos; 4. Rápido de Bouzas (un partido menos), 38 puntos; 5. Fabril, 37 puntos; 6. Silva SD (un partido menos), 30 puntos

Categoría feminina
4ª xornada: OVIEDO MODERNO CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 8 de maio ás 17:00 no HFE Tensi (Oviedo)
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: 1. Victoria CF, 42 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 41 puntos; 3. Oviedo Moderno CF B, 38 puntos; 4. Gijón FF, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 34 puntos; 6. CDE Racing Féminas B, 29 puntos

Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A, 50 puntos; 2. RC Celta, 47 puntos; 3. Real Racing Club, 45 puntos...

4ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL B, aprazado
Clasificación da Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso: 1. Xuvenil B (un partido menos) e RC Celta B, 55 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...

Categoría cadete
8ª xornada: VICTORIA CF - CADETE A, o domingo 9 de maio ás 12:30 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A (un partido menos), 15 puntos; 2. Ural Español CF, 12 puntos; 3. Victoria CF, 5 puntos...

Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Viveiro CF, 15 puntos; 2. Cadete B, 13 puntos; 3. CD Lugo B, 10 puntos...

Categoría infantil
8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - INFANTIL A, o sábado 8 de maio ás 16:30 no campo Víctor Fernández Alonso (Leyma)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A (un partido menos), 15 puntos; 2. Victoria CF, 13 puntos; 3. Ural Español CF, 7 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A: 1. Infantil B, 12 puntos; 2. Oza Juvenil SD A (un partido menos), 6 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: OZA JUVENIL SD B - ALEVÍN, o domingo 9 de maio ás 18:30 na Torre (campo 3)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín (un partido menos) e CD Calasanz A, 9 puntos; 3. Imperátor OAR A(un partido menos), 3 puntos...

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF A - ALEVÍN A , o sábado 8 de maio ás 9:30 na Torre (campo 2.1)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ORILLAMAR SD A, o sábado 8 de maio ás 16:00 na Torre (campo 2.1)

Categoría benxamín
5ª xornada: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF A, o sábado 8 de maio ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A e Ural Español CF A, 9 puntos; 3. Victoria CF C (un partido máis), 6 puntos...

5ª xornada: VICTORIA CF B - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 8 de maio ás 11:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín, 9 puntos; 2. CD Calasanz A e Orillamar SD A, 6 puntos...