RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con só catro encontros en casa esta fin de semana

Tan só catro equipos de #ANOSACANTEIRA xogan esta fin de semana en casa: Fabril, Orzán SD Xuvenil Feminino, Xuvenil B e Fabril FC Benxamín.

O filial masculino recibe ás 16:30 no campo principal de Abegondo ao Atlético Arnoia, equipo que non puido xogar a semana pasada ante o Ourense CF debido a un caso positivo de COVID no seu vestiario.

O Real Club Deportivo activa o protocolo de apertura, con aforamento completo e rexistro de asistentes, da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todas as persoas socias do Real Club Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O Real Club Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completada a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

A xestión pode realizarse até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves 2 ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19. Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada na entrada e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños).

Pola mañá, tamén en Abegondo, o Xuvenil B de Liga Nacional mídese a partir das 11:30 no campo 3 da Cidade Deportiva ao CD Areosa.

Para o domingo queda o partido na Torre (16:00 horas) entre o Orzán SD Xuvenil Feminino e o Victoria CF, da Primeira División Galega. As orzanistas, con 11 puntos, teñen a tiro o liderado do subgrupo A, en poder do CD Lugo con 13 puntos e un partido máis.

Lonxe de Abegondo compiten o Deportivo ABANCA B (domingo ás 16:00 na Grela 1 ante o Victoria CF), Xuvenil A (sábado ás 18:00 na Grela 1 ante o Ural Español CF), Cadete (sábado ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 ante o CD Lugo) e Infantil (sábado ás 12:15 no campo Río Seco ante o SDCyR Narón O Freixo).

O choque do Xuvenil A será o último de liga antes de render visita ao Maccabi Haifa no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League previsto para o mércores 8 de decembro ás 16:00 no Sammy Ofer Stadium de Haifa. Na ida disputada en ABANCA-RIAZOR ante máis de 12.000 persoas, o triunfo foi deportivista: 5-1.

Os alevíns do Deportivo tiveron onte martes 30 de novembro un compromiso amigable en Abegondo, co obxecto de preparar a súa participación no Torneo Gol Media Cup en Cornellá (Barcelona).

O sábado, a quenda será para os benxamíns: o A en Arteixo (11:30) e o Fabril FC Benxamín en Abegondo (12:00) ante o Orillamar SD.

Os alevíns e benxamíns teñen previsto arrancar as súas competicións ligueiras a mediados do mes de decembro.

Finalmente, teñen parón ligueiro esta semana o Orzán SD Cadete Feminino e o Orzán SD Infantil Feminino na súa respectiva Liga Galega.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
14ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARNOIA, o sábado 4 de decembro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: ... 2. Polvorín FC, 27 puntos; 3. CD Barco, 23 puntos; 4. Rápido de Bouzas, 22 puntos; 5. Fabril, 21 puntos; 6. Silva SD, 20 puntos; 7. Ourense CF (dous partidos menos) e Alondras CF, 18 puntos...

Categoría feminina
12ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 5 de decembro ás 16:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Nacional: ... 2. Viajes InterRías FF (un partido menos), 23 puntos; 3. Sárdoma CF, 22 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, 20 puntos; 5. Umia CF e Oviedo Moderno CF B, 19 puntos; 7. CD Olímpico de León (un partido menos), 16 puntos...

9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - VICTORIA CF B, o domingo 5 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. CD Lugo (un partido máis), 13 puntos; 2. Bergantiños CF, 12 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino, 11 puntos; 4. SD Tordoia (un partido máis) e PM Friol B, 8 puntos...

Clasificación da Liga Galega Cadete: 1. Sárdoma CF, UD Mos e Victoria CF, 16 puntos; 4. Orzán SD Cadete Feminino, 10 puntos; 5. Lóstrego CF, 9 puntos; 6. EF Femenino Rosalía e Umia CF, 7 puntos...

Clasificación da Liga Galega Infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF (un partido menos), 12 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino e Victoria FC, 10 puntos; 4. Xuventude de Crendes CF, 9 puntos; 5. ADC Obradoiro (un partido máis), 6 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL A, o sábado 4 de decembro ás 18.00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 35 puntos; 2. Xuvenil A, 32 puntos; 3. Real Racing Club, 29 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o sábado 4 de decembro ás 11:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 28 puntos; 2. Coruxo FC, 25 puntos; 3. Xuvenil B e CD Lugo B, 23 puntos; 5. Arosa SC, 20 puntos; 6. CD Calasanz, 19 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada: CD LUGO - CADETE, o sábado 4 de decembro ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete, 25 puntos; 2. Ural Español CF, 16 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: SDCyR NARÓN O FREIXO - INFANTIL, o sábado 4 de decembro ás 12:15 en Río Seco (Narón)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B: 1. Infantil (un partido menos), 21 puntos; 2. San Tirso SD e CD Lugo, 18 puntos...

Categoría alevín
Amigable de fútbol 7 (xogado onte martes): ALEVÍN A 14 (Martín Forján -3-, Raúl -2-, Hugo González, Antón, Gabriel -2-, Pablo Vara, Pablo Somoza, Iago Lameiro -2- e Javier Seoane) - SD ORILLAMAR (infantil) 0

Amigable (xogado onte martes): FABRIL FC ALEVÍN 9 (Mario -2-, Thiago Montes -2-, Íker Obeso, Javi Barral, Leo e Hugo Caridad -2-) - CD ESCLAVAS 2

Categoría benxamín
Amigable: ATLÉTICO ARTEIXO - BENXAMÍN A, o sábado 4 de decembro ás 11.30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN - ORILLAMAR SD, o sábado 4 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)