RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA 10, 11 e 12 de febreiro

A xornada desta fin de semana para #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres 10 de febreiro en Abegondo coa visita do Atlético Coruña Montañeros ao Alevín A, na terceira xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol once. Houbo triunfo deportivista (2-0), con goles de Pablo e Domínguez.

En Terceira División, o Fabril recibe o colista Órdenes o domingo 12 de febreiro ás 12:00, coa intención de sumar tres puntos, após a derrota da pasada fin de semana do filial deportivista en Vilagarcía.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Dos demais partidos das categorías inferiores, sobresaen tres, dous deles na cidade deportiva:

O Xuvenil A, terceiro na División de Honra, mídese ao Oviedo, cuarto clasificado, mañá sábado 11 ás 12:00, coas cámaras de Gol TV en directo.

Na Liga Galega, o Cadete B, segundo na táboa, enfróntase ao Atlético Coruña Montañeros, terceiro. Será tamén mañá ás 12:15 no campo 6.

Para estes dous encontros, alén do do Infantil A (ás 11:45, campo 7) os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Xa o domingo, o Infantil B, líder do grupo 1º da Primeira Autonómica, visita o Imperátor, segundo clasificado, Un triunfo deportivista suporía case unha sentenza definitiva ao campionato.

En categoría feminina, o Deportivo Abanca B regresa á competición, tamén o domingo, co derbi coruñés ante o Victoria B, no campo da Leyma ás catro da tarde.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:

Terceira División

FABRIL - ÓRDENES, o domingo 12 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 49 puntos; 2. Racing Villalbés e Cerceda, 46 puntos; 4. Fabril, 45 puntos; 5. Arosa, 43 puntos...

Categoría feminina

VICTORIA B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de febreiro ás 16:00 na Leyma
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 25 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 19 puntos; 11. Arcadia, 16 puntos...

Categoría xuvenil

XUVENIL A - OVIEDO, o sábado 11 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 53 puntos; 2. Celta, 50 puntos; 3. Xuvenil A, 45 puntos; 4. Oviedo, 43 puntos...

RACING VILLALBÉS - XUVENIL B, o sábado 11 de febreiro ás 16:15 no Estadio Roca de Vilalba
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 54 puntos; 2. Xuvenil B, 48 puntos; 3. Racing de Ferrol, 42 puntos...

Categoría cadete

BERGANTIÑOS - CADETE A, o sábado 11 de febreiro ás 16:15 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta (un partido máis), 61 puntos; 2. Cadete A, 51 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...

Amigable, xogado o pasado mércores: CADETE B 4 (Axel, Xavi, Concheiro e Álex Espeso) - SELECCIÓN CORUÑESA SUB-15 2
CADETE B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, o sábado 11 de febreiro ás 12:15 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido menos), 48 puntos; 2. Cadete B, 47 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros (un partido menos) e Santiago de Compostela, 41 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, o sábado 11 de febreiro ás 11:45 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 55 puntos; 2. Ural (un partido menos), 50 puntos...

IMPERÁTOR - INFANTIL B, o domingo 12 de febreiro ás 12:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 57 puntos; 2. Imperátor (un partido menos), 47 puntos...

Categoría alevín

Torneo Luis Calvo Sanz de fútbol once, terceira xornada: ALEVÍN A 2 (Pablo e Domínguez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

ALEVÍN B - VICTORIA C, o domingo 12 de febreiro ás 10:00 na Torre 2
Clasificación da Segunda Fase: 1. Ural C (un partido máis), 10 puntos; 2. Calasanz C, 9 puntos; 3. Alevín B, 7 puntos...

Categoría benxamín

BENXAMÍN A - SAN TIRSO A, o sábado 11 de febreiro ás 12:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A (un partido menos), 51 puntos; 2. Olímpico A (un partido máis), 46 puntos...

VICTORIA C - BENXAMÍN B, o sábado 11 de febreiro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 40 puntos; 2. Ural C, 35 puntos...