A visita mañá domingo ás 12:00 do Cerceda, terceiro clasificado, ao Fabril, líder da Terceira División, é o partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana.
Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.
Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou para este partido a todo o seu cadro. A única baixa é Jardel, lesionado.
En Abegondo xogaron, e gañaron, hoxe sábado 11 pola tarde o Xuvenil B (4-0) e o Cadete A (2-0); e o Infantil B pola mañá (6-1).
En canto ao resto de categorías, sobresae mañá domingo a visita do Infantil A, líder da Liga Galega, ao Ural A, segundo clasificado (campo da Leyma); e a do Alevín A as Escolas Luis Calvo A, ambos os colíderes do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once (nas Eiroas, Carballo).
A xornada arrancou onte venres co triunfo (5-1) do Benjamín B sobre o Obreiro B, na Segunda Comarcal A Coruña. Os deportivistas dan un paso máis cara ao título ligueiro no grupo.
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
Terceira División
FABRIL - CERCEDA, o domingo 12 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Categoría feminina
Primeira División Autonómica: UD OURENSE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de marzo ás 12:00 en Campo da Aira (Velle)
Categoría xuvenil
División de Honra: ALONDRAS 0 - XUVENIL A 3 (Aarón -2- e un futbolista rival en propia meta)
Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Kilian, Antón, Loren e Íñigo) - CORUXO 0
Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Julián e Mosquera) - CORUXO 0
Liga Galega, grupo 1º: URAL B 1 - CADETE B 1 (Concheiro)
Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: URAL - INFANTIL A, o domingo 12 de marzo ás 10:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 6 (Iván, Dani, Roque, Hugo Baldomar, Mella e Álex) - MARABILLAS A 1
Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once: ESCOLAS LUIS CALVO A - ALEVÍN A, o domingo 12 de marzo ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Segunda Fase, grupo 1º: SPORTING CORUÑÉS B - ALEVÍN B, o domingo 12 de marzo ás 10:00 na Torre 2
Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 8 (Álex -2-, Eli -2-, Pablo Vázquez, Bruno, Jairo e Dani) - BETANZOS 1
Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 5 (Iago, Eder, Anxo, Mosquera e Xabi) - OBREIRO B 1