RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández xa realiza tarefas nun grupo xa con Christian Santos

Christian Santos completou esta mañá con normalidade o adestramento do Deportivo en Abegondo. Nesta sesión, Carlos Fernández realizou unha parte da sesión co grupo e dá un paso máis na súa recuperación.

O internacional venezolano adestrouse onte co readaptador Fran Molano despois de sufrir o pasado martes unhas molestias nun sóleo.

Pola súa banda, Carlos Fernández, de baixa médica, progresa adecuadamente trala súa lesión no cuádriceps que o mantén fóra das convocatorias nos últimos partidos.

Do mesmo xeito que onte, cadro e corpo técnico reuníronse esta mañá por espazo de case 75 minutos na sala de vídeo.

A continuación, sobre o céspede, após un quecemento e uns rondos, Natxo González realizou un exercicio táctico ofensivo; e, para concluír, un partido 11 contra 11 por espazo de media hora, no que tamén participaron os fabrilistas Pedro López, Pedro Alves e Víctor.

Non saltaron ao campo Pedro Sánchez e Michael Krohn-Dehli, cunhas molestias nun xemelgo pendentes de evolución nos próximos días.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo ás 11:00 horas.