RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carmela ficha polo equipo norteamericano da Universidade de Oakland

A defensa Carmela Barro Casanova deixou de ser xogadora do Deportivo Abanca, ao aceptar a oferta da universidade norteamericana de Oakland para continuar os seus estudos e xogar no seu equipo, as 'Golden Grizzlies', que participan na máxima categoría universitaria estadounidense, a NCAA Division I.

Carmela chegou ao Deportivo Abanca recentemente comezado o campionato de Segunda División Nacional, durante o mes de setembro, e converteuse nunha fixa nos plans de Manu Sánchez. A futbolista ferrolá disputou 21 dos 26 encontros, todos eles como titular, anotando 2 goles, ante o Tordoia e o Atlántida Matamá.

A xogadora, que en decembro cumprirá 18 anos, cursará Matemáticas Científicas no centro universitario do estado de Michigan, situado na localidade de Rochester, na área metropolitana de Detroit. Na Oakland University, Carmela terá a oportunidade de dar un salto na súa carreira deportiva ao competir nun país, Estados Unidos, con longa tradición e enorme competitividade no que a fútbol feminino refírese.

O RC Deportivo quere agradecer o esforzo e dedicación de Carmela defendendo a camiseta branquiazul durante a primeira temporada da historia do Deportivo Abanca e desexarlle toda a sorte na súa aventura americana coas 'Golden Grizzlies'.