RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carmelo del Pozo: "Protexemos a 6 ou 7 xogadores importantes que tiveron ofertas moi boas este mes de xaneiro"

Carmelo del Pozo compareceu esta mañá ante os medios de comunicación na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Antes de nada, o Director Deportivo branquiazul quixo "agradecer e valorar o que gozamos esta fin de semana coa Liga Genuine que tivemos nas nosas instalacións. É un proxecto fantástico. Hai que fortalecer esa idea que se creou; e agradecer e dar valor a todas esas persoas, aos voluntarios e todas as persoas que interviñeron, que participaron nesta grandísima idea. É unha faceta que dá valor a moitas cousas e pon en primeiro nivel o que é o fútbol, que pode darnos moitas máis cousas máis aló dun simple resultado, dun crecemento deportivo".

A continuación, pasou a explicar todo o que se viviu no Club neste mes de xaneiro.

"Este mercado de inverno exponse desde unha situación que entendemos que o equipo está bastante ben configurado. Todo o mundo dentro e fóra do Club entende que é un cadro bastante bo. A nosa idea inicial é evitar perder valor no cadro e xogadores que consideramos importantes.

Esa formulación reforzámola durante todo o mes de xaneiro até os últimos días, que tivemos situacións complicadas e difíciles por posibles propostas aparecidas cara a xogadores nosos. Conseguímolo. Hai tres variables sobre as que traballamos: xogadores cedidos, as baixas e as incorporacións".

Carmelo del Pozo repasou cada un dos casos antes de poñerse a disposición das preguntas dos medios de comunicación.

Borja Galán
"Está a dar un rendemento moi bo e seguimos contando que a situación onde está el (AD Alcorcón) é idónea".

Francis
"Expúxose a saída cedido. Coa chegada doutro porteiro perde protagonismo. Ambas as partes entendemos a posibilidade de atopar un novo escenario para que teña outra vez o reforzo de xogar, que era o que se expuxo á hora de saír do Dépor. Sae un equipo novo, dunha liga europea. Exponse a posibilidade de xogar, exponse unhas variables que teñan como opción prioritaria a deportiva e non a económica. Péchase e proba diso é que esta fin de semana xogou".

Raúl Albentosa
"O último día do mercado de verán expúxose a saída ao Nàstic, cunha xanela aberta até o 10 de xaneiro por se aparecía unha posibilidade de saída a un equipo de fóra. Tanto o axente como Raúl exponnos a situación que cre que vai xurdir. Nós facemos efectiva esa saída. Agradecémoslle ao Nàstic as facilidades que nos dan.

Despois desa saída, queda claro que o xogador non vai volver. E exponse varias opcións de saídas estranxeiras que até o día 10 non se puideron concretar.

Proponse unha situación contractual que para nós economicamente é súper interesante, que é a rescisión do seu contrato, co cal non se tiña que pagar o valor da temporada. En calquera dos equipos que houbese ir terían que pagar unha parte importante do salario e o salario da temporada que vén, que é altísimo, tanto para Primeira como para Segunda. Concretamos con axente e xogador, cuxa ilusión é irse fóra; ou un mercado aberto no cal se sae calquera equipo, estean todas as xanelas pechadas e que economicamente aínda así satisfagan ao Deportivo, tanto se é en España en Primeira e en Segunda cunhas condicións moi boas para nós que terían que soportar o equipo ou o propio xogador ou no estranxeiro. Esta situación déixase pechada".

Leganés: Juanfran e Rolan
"O Leganés fixo un esforzo por levalos dunha maneira directa con eles, non co Club. Pechouno e por circunstancias do fútbol cambia esa situación a metade de temporada, e transmite aos xogadores, non a nós en primeiro lugar, que non queren seguir contando con eles en xaneiro. Nós abrimos a xanela no sentido de que se hai unha opción que nos satisfaga, estamos abertos a tomar calquera tipo de decisión.

Con respecto a Juanfran as situacións que aparecen non son moitas. Non nos interesa a nós nin ao propio Juanfran e séguese mantendo esa cesión no Leganés.

A situación de Diego Rolan interesa moito ao xogador. Nós poñemos unhas condicións deportivas e económicas. Hai 2 ou 3 opcións de equipos que lle queren. Avanza co Alavés e a situación económica para nós é interesantísima. O beneficio económico que tivemos con Rolan é moi bo esta temporada. Saíunos gratis. Deportivamente entendemos que ten que saír do Leganés porque o rendemento que ía ter estes 6 últimos meses ía ser mínimo. E o Alavés dálle posibilidades. Mesmo falei co adestrador, cun sistema de xogo, un estilo que pode ser vantaxoso. Esta fin de semana participou uns minutos co Real Madrid".

Gerard Valentín
"Non ten minutos aquí. É un activo do Club. Por tanto, se existe unha posibilidade interesante pódese activar. Actívase en 2 equipos. Un deles é o CD Lugo, cuxas condicións deportivas son interesantes. Faise unha cesión pura e dura. Xogou o primeiro partido, lesionouse e este último partido xa xogou un pouco máis".

Carles Gil
"No verán tiña as súas dúbidas respecto de seguir ou non seguir. Nós falamos con el. Ao longo destes 4 meses houbo momentos nos que o rapaz estaba nunha situación na que tiña dúbidas, non sentíase importante. Tentamos que seguise pero dixemos desde o primeiro día que o xogador que non queira estar, non era produtivo para o equipo nin para o grupo.

Cando chega o mercado de xaneiro, dicímoslle que se lle chega unha cousa que lle interesa, que lla transmita ao Club e que nolo expoña. E é o que sucede este mes. Como é un país e unha liga diferente, os tempos que marcaron a negociación foron longos e complicados. Tamén é un mercado que pecha máis tarde. Atopámonos uns condicionantes económicos mellores dos que o propio Carles Gil veu aquí cando se lle comprou. Entendemos que se ten que facer".

Saídas de xogadores importantes e Vicente Gómez
"Protexemos a 6 ou 7 xogadores importantes para nós en minutos e que tiveron ofertas moi boas.

Na última semana houbo un movemento intenso en canto a un xogador dos que veu este verán (Vicente Gómez). Tiña unha oferta dun equipo chinés que cuadriplicaba as súas cifras. A nosa obrigación era falar co rapaz. A resposta do xogador foi sensacional".

Iñigo López
"O equipo queda na parte defensiva cun xogador menos. Entendemos co adestrador que no perfil do lateral dereito queda David Simón e Eneko Bóveda. O mercado de xaneiro é moi limitado e con moitas dificultades, co que é difícil atopar xogadores que vaian igualar ou mellorar o que temos. Non queremos traer xogadores que ao final non che acheguen algo diferente, que mellore ou que sexa un complemento.

Nos centrais quedamos con 3. Cremos que é necesario non prexudicar ao equipo porque a liga é longa e os últimos 7, 8, 10 partidos dan a clave do ascenso.

Imos ao mercado. Entendemos que ten que ser un xogador veterano que teña moi claro o rol. O rol é que os 3 centrais que temos son moi bos. Que iso non impide que sexa un xogador competitivo en cada adestramento, que se ten que xogar un partido que sexa unha final, saiba como é esa final e cal é a situación que ten que acometer.

Fálase cun xogador que estaba no Extremadura (Iñigo López). Expónselle a situación, o xogador enténdeo. Expónselle unha rescisión do seu contrato pola súa banda alí. E vaise planificando con tempo".

Nahuel
"Co cambio de formato de xogo do equipo, xogando con máis extremos. Buscamos un perfil de xogador que non tivemos. Aparece Nahuel, que é unha boa oportunidade. No perfil dereito de extremos temos a Pedro Sánchez ou a Fede Cartabia; e no esquerdo a Borja ou Nahuel".

Unai López
"Existe a posibilidade de que se aparecese un medio con chegada, traballaríase. Aparecen 2 ou 3 nomes.

Un é Unai López. Falouse con el, falouse co Athletic. A resposta do rapaz foi moi boa. Custoulle moitísimo subir a Primeira División e el quere estar en Primeira, ten unha oferta do Rayo Vallecano. O Athletic e o Rayo non chegan a un acordo para a súa saída. Até o último momento non quere baixar a Segunda".

Eraso
"Falouse co rapaz tamén. Gustáballe o noso proxecto. O Leganés non quere que salga o seu xogador".

Gaku
"Fálase con el desde o vintetantos de xaneiro. A súa predisposición a vir é boísima. O coñecemento que ten do equipo é perfecto. Antepón o criterio deportivo ao económico. A súa frase é 'gústame como xoga o Dépor e quero vir ao Dépor'.

O Getafe quere un traspaso. Ten 2 ofertas moi altas que valora pero o xogador quere quedar en España. Dáse unha data límite por parte do Getafe até o luns 28. Non ten unha oferta o Getafe que satisfaga ás dúas partes. O 29 organízase a posible saída con cesión. Quere o Getafe unha cesión con opción de compra obrigatoria, unha cantidade que non pode soportar un club de Segunda División. E exponse unha cesión cun pequeno bonus por ascenso. Chégase a un acordo o martes pola tarde con esas condicións. O acordo co xogador e co Getafe é total. Ao xogador mándanselle os documentos. Eses documentos asínanse cando ao día seguinte xoga a final da Copa de Asia. E cando están todos os documentos asinados tanto polo Deportivo como polo xogador trasládanse ao Getafe, que os recibe e dinos que ten que traer un xogador. Dinos que o adestrador lles pide un xogador pero que o van a traer. O xogador non acaba de chegar. Dinos que vai vir, que durante o día está en proceso de asinar. Até as 11 da noite dinnos que se vai a facer. Non se fai e ao final o xogador non vén por unha decisión unilateral do Getafe".

Avaliación
"Gústame que ma poñan os demais, non son de poñerme notas. Creo que se pon a final de curso.

Conseguir que non saísen xogadores importantes é a mellor nota que nos podemos poñer. É o máis importante. Os equipos teñen que evitar perder valor en xaneiro. Nós conseguímolo".